O noso bo facer ligado a unha gran experiencia permítenos producir desde a base empregando sempre bagazos procedentes dos socalcos históricos da comarca de Chantada, en plena Ribeira Sacra.
Como destiladores elaboramos un dos mellores produtos do mercado. Un bo exemplo diso é a nosa augardente de bagazo de 40º obtido por arrefriado mediante o sistema de grapa a -15º C, conseguindo así unha estabilización total.
Produtos como o noso licor café, a augardente "tostada" ou a crema de bagazo , entre outros, están baseados nos nosos destilados. Isto convértenos sen dúbida nunha marca de referencia de calidade no mercado.
|