 |
Augavella, Orujos y Licores está cimentada na tradición do seu fundador, Juan Manuel Méndez Otero, pioneiro desde mediados do século pasado no mundo dos viños, sidras e augardentes.
Juan M. Méndez Otero: "Xa na década dos 50, o meu pai, fundador de Adegas Penouzos de Chantada, encargaba a destilación das súas augardentes aos irmáns Quintimil de Costoira, verdadeiros mestres destiladores. eles traían os seus alambiques portátiles que alimentaban con lume directo de leña de carballo que o meu pai lles proporcionaba no seu adecuado tamaño e xusto punto de sequidade. A pesar de prolongarse a destilación varias xornadas, comían e durmían á beira do alambique sen descoidar un só instante a elaboración de tan prezado elixir…¡ uns heroes! ... xamais se equivocaron, nunca malograron unha potada. Augavella continúa a tradición." |
|
 |